martes, 9 de febrero de 2010

O Xacobeo Galicia consegue a ‘wild card’, froito dun traballo "moi serio e responsable"O equipo profesional galego recobra a ‘wild card’ que perdera fai un ano, logo de ter que loitar duramente para conseguir a licenza continental profesional, remontando os obstáculos que supuñan a débeda acumulada por esta formación nas súas dúas primeiras tempadas no pelotón internacional. No seo da Fundación Ciclismo Galego considérase clave o labor do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e a súa entrevista en Madrid co presidente da Unión Ciclista Internacional, Pat McQuaid, non en busca de ningún trato de favor, que este organismo non ía dispensar, senón para ofrecerlle unha mostra contundente de que o equipo tiña un firme respaldo institucional detrás. Era un paso totalmente necesario, dada a situación. "Esa reunión permitiu á UCI ter outra percepción sobre a dimensión e seriedade do equipo", declara Pedro Alfaro, director-xerente da Fundación Ciclismo Galego. A partir de aí houbo un traballo intenso e coordinado que levou a José Ramón Lete a dicir na rolda de prensa que seguiu á última reuniu anual do padroado da fundación: "Cumprimos en tempo e forma todas as esixencias da UCI". Os resultados son este recoñecemento que a máxima autoridade do ciclismo mundial concédelle ao Xacobeo Galicia. A licenza era condición necesaria para estar no pelotón internacional en 2010 e a ‘wild card’ constitúe un requisito indispensable para que os equipos profesionais continentais poidan acceder a disputar as carreiras encadradas no calendario Pro Tour, que necesitan, ademais, da invitación expresa dos organizadores. Os equipos que recibiron ‘wild card’ son un total de dezasete. Estes sitúanse a continuación dos dezasete de categoría Pro Tour, polo que de partida o Xacobeo Galicia sitúase entre os trinta e catro mellores do mundo neste ano de 2010.O Xacobeo Galicia consegue a ‘wild card’, froito dun traballo "moi serio e responsable"

O equipo profesional galego recobra a ‘wild card’ que perdera fai un ano, logo de ter que loitar duramente para conseguir a licenza continental profesional, remontando os obstáculos que supuñan a débeda acumulada por esta formación nas súas dúas primeiras tempadas no pelotón internacional.

No seo da Fundación Ciclismo Galego considérase clave o labor do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e a súa entrevista en Madrid co presidente da Unión Ciclista Internacional, Pat McQuaid, non en busca de ningún trato de favor, que este organismo non ía dispensar, senón para ofrecerlle unha mostra contundente de que o equipo tiña un firme respaldo institucional detrás. Era un paso totalmente necesario, dada a situación.

"Esa reunión permitiu á UCI ter outra percepción sobre a dimensión e seriedade do equipo", declara Pedro Alfaro, director-xerente da Fundación Ciclismo Galego. A partir de aí houbo un traballo intenso e coordinado que levou a José Ramón Lete a dicir na rolda de prensa que seguiu á última reuniu anual do padroado da fundación: "Cumprimos en tempo e forma todas as esixencias da UCI". Os resultados son este recoñecemento que a máxima autoridade do ciclismo mundial concédelle ao Xacobeo Galicia.

A licenza era condición necesaria para estar no pelotón internacional en 2010 e a ‘wild card’ constitúe un requisito indispensable para que os equipos profesionais continentais poidan acceder a disputar as carreiras encadradas no calendario Pro Tour, que necesitan, ademais, da invitación expresa dos organizadores.

Os equipos que recibiron ‘wild card’ son un total de dezasete. Estes sitúanse a continuación dos dezasete de categoría Pro Tour, polo que de partida o Xacobeo Galicia sitúase entre os trinta e catro mellores do mundo neste ano de 2010.

No hay comentarios:

Publicar un comentario