O ciclista de Teo, logo de tres días de descanso, parece superar as molestias que lle apareceron no talón de Aquiles durante a Volta ao Algarve e estará o domingo na primeira clásica do calendario español. Unha baixa de última hora no equipo que dirixirá en Almería José Ángel Vidal constitúea Francisco Pacheco, que non puido recuperarse dos problemas de saúde que o obrigaron a abandonar no Algarve. A súa praza ocupouna o porriñés Gustavo Domínguez.
A carreira disputarase sobre unha distancia de 178,2 quilómetros e un itinerario que inclúe no seu perfil dous de terceira e outro de segunda intercalado entre os anteriores. O último alto puntuable sitúase a case corenta quilómetros de meta, polo que, como adoita ser habitual nesta proba, as opcións para os aventureiros e para os sprinters repártese en proporcións moi similares.
A participación estará integrada por trece equipos, sete deles Pro Tour. A relación compóñena: Rabobank, Euskaltel-Euskadi, Xacobeo-Galicia, Andalucía-Caja Sur, Milram, Sky, Vacansoleil, Columbia, Caisse d’Epargne, Cervélo, CCC Polsat Polkowice, Orbea-Oreka-SDA e Omega-Pharma-Lotto.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario